Novo evento Allentum co xa clásico Gran Concerto de Aninovo da Banda Filharmónica de Lugo o mércores 2 de xaneiro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo a partir das 20:30 horas.
Entradas de balde, mais con retirada previa da localidade na páxina web entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo de Lugo (situada na Praza do Campo, 11) ou no Auditorio Gustavo Freire o mesmo mércores 2 de xaneiro a partir das 19 horas.
A Oficina Municipal de Turismo de Lugo ten un horario de 11 a 14 horas e de 16 a 18 horas os luns, martes e mércores, así como de 11 a 18 horas os xoves e domingo.

Leave a comment

*