Evento Allentum o sábado 9 de marzo ás 18:30 horas no Auditorio Gustavo Freire de Lugo coa obra de teatro clásico “Euria”, da compañía de teatro Markeliñe, que forma parte do programa “Mostra Teatro Clásico”. É unha obra en convenio con Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Función cunha duración dunha hora e destinada a público a partir de seis anos.
“Euria” fala do que acontece cando algo ou alguén que queremos non está e o proceso que leva aceptalo. Introduce a capacidade de superación e a maxia coma factores engadidos.
É o premio FETEN 2017 ao “Mellor espectáculo” e premio “Cornel Todea” en FITC en 2018 en Bucarest, Romanía.
Entradas á venda en Oficina de Turismo (Praza do Campo, 11) até tres horas antes da función, en entradaslugo.es e nas taquillas do propio auditorio dende as cinco da tarde. Prezos de dous euros para nenos e catro euros para adultos con descontos do vinte por cento en desempregados, persoas menores de trinta anos, pensionistas e asociados á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

 

 

Leave a comment

*