Evento Allentum co teatro adulto “Cinco minutos sen respirar” da compañía Ítaca Teatro o domingo 10 de marzo no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 20:30 horas. É unha función que forma parte do programa “Mostra Teatro Clásico”. Obra en convenio con Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic),
É unha adaptación da obra homónima do dramaturgo venezolano Gustavo Ott. Fala da necesidade humana de imaxinar para fuxir da realidade. Trata os desexos e os medos das persoas a través de Margarita, ex empregada de banca, e Víctor, supervisor dun supermercado. Unha obra que explica a vida, o amor, a explotación laboral, o suicidio, a familia, a violencia e outras cuestións que nunca poden ser sintetizadas en só cinco minutos.
Entradas á venda en Oficina de Turismo (Praza do Campo, 11) até tres horas antes da función, en entradaslugo.es e nas taquillas do propio auditorio dende as sete da tarde. Prezos de oito euros en Zona B e dez euros en Zona A en adultos con descontos do vinte por cento en desempregados, persoas menores de trinta anos, pensionistas e asociados á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

Leave a comment

*