Novo evento Allentum co concerto do músico galego-brasileiro Gustavo Almeida o sábado 16 de marzo no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 20 horas. Será unha actuación en formato banda con guitarras acústicas, guitarras eléctricas, batería, teclado, baixo, percursión, metais e coros.

Gustavo Almeida presenta o seu cuarto disco, “Vértice”, gravado en Valencia co produtor Nacho Mañó, produtor de músicos do prestixio de Alejandro Sanz, Niña Pastori e Presuntos Implicados. Dito disco foi preseleccionado coma “Gravación do ano” nos Latin Grammy en 2018.

As entradas teñen un prezo de 8 euros en Zona A  e 10 euros en Zona B cun desconto do 20 % a desempregados, menores de 30 anos e asociados a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). As localidades mércanse en https://www.entradaslugo.es/evento/musica/gustavo-almeida-presentacion-cuarto-disco, Oficina de Turismo de Lugo (Praza do Campo, 11) até 3 horas antes do concerto e nas taquillas do auditorio dende as 18:30 horas.

Mentres tanto, desfruta da súa música nas súas ligazóns en Spotify e YouTube:

https://www.youtube.com/user/GustavoAlmeidaTV

Máis información na páxina web oficial de Gustavo Almeida: http://www.gustavoalmeida.com/

 

Leave a comment

*