Novo evento Allentum co concerto de Víctor Manuel o venres 22 de marzo en Lugo, no Auditorio Gustavo Freire, a partir das 20:30 horas. Esta actuación forma parte da xira “Casi nada está en su sitio”, título do novo disco do músico asturiano.

Víctor Manuel é un referente cultural en España, un dos músicos españois con maior prestixio, así como posúe unha das traxectorias máis densas e exitosas do panorama nacional.

As entradas xa están á venda en entradaslugo.es, Oficina de Turismo de Lugo (Praza do Campo, 11 e no número de teléfono 982 251 658) e nas taquillas do auditorio o mesmo venres 22, día do concerto, a partir das 19 horas. O prezo das localidades é de 20 euros tanto en Zona A coma en Zona B. Contarán cun desconto do 10 % os desempregados, os menores de 30 anos, os pensionistas e mailos asociados á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

Ligazón para mercar entradas directamente a través de entradaslugo.es: https://www.entradaslugo.es/evento/musica/victor-manuel-casi-nada-esta-en-su-sitio

Información sobre a Oficina de Turismo de Lugo: http://lugo.gal/es/localizaciones/oficina-municipal-de-turismo

Leave a comment

*