Novo evento Allentum coa obra «Arlequina» da compañía de teatro «Os Monicreques de Kukas» o domingo 7 de abril no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 18:30 horas nunha obra de teatro familiar coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Trátase dunha obra que mestura marionetas, maxia e música en vivo. A tese principal é o misterio e diversión da aventura dunha marioneta chamada Arlequina que está á procura da súa propia identidade. Xunto a ela, o veterano e estrafalario titiriteiro Marchelino.

É unha obra da compañía de teatro «Os Monicreques de Kukas», que é a compañía teatral máis antiga de Galicia. Non en van, foi fundada en 1979.

Entradas á venda a 4 euros en entradaslugo.es, Oficina de Turismo de Lugo (Praza do Campo, 11) até 3 horas antes da actuación e no propio auditorio a partir das 17 horas do mesmo domingo 7 de abril. Terán un desconto do 20 % os desempregados, menores de 30 anos, pensionistas e asociados á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

Esta actuación forma parte da programación «Artes escénicas + XIX Mostra de Teatro Clásico».

Ten unha duración dunha hora.

Leave a comment

*