Novo evento Allentum este xoves 11 de abril no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo con «Olladas no tempo», espectáculo de música e danza contemporánea en dúas funcións: ás 18:30 e ás 20:30 horas.
Actúan o Grupo de danza contemporánea  do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e o Grupo de percusión e ensemble de clarinetes do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes. Silvia Victoria Eijo, Alba Felpete, Ana Belén Ferreiro, Reyes González, Julia Penado e Xiana Vilas participarán nas coreografías.
É un evento que forma parte do Ciclo Mihl Sons organizado pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
A entrada será de balde.

Leave a comment

*