Novo evento Allentum coa obra de teatro clásico e danza «Rey Lear», da compañía Atalaya, o luns 27 de maio no Auditorio Gustavo Freire de Lugo e non o 13 de abril coma nun primeiro momento estaba previsto por mor de causas médicas comunicadas e acreditadas pola compañía Atalaya.
«Rey Lear» está baseado nun conto popular da historia de Inglaterra a partir do século XII. O «Rey Lear» buscaba quen das súas tres fillas o quería máis. Dúas loubárono e unha delas dixo que só o quería coma pai, pero sen máis engadidos. De tódolos xeitos, finalmente esta última é a máis digna e gaña esa «carreira». Por este motivo, o rei castigouna. Ademáis da historia de Lear, cóntanse as aventuras de Gloucester e mailos seus fillos. O final é dor e tolemia. William Shakespeare amplía a historia aportando o seu toque persoal.
Dirixida por Ricardo Iniesta e conta cun electo de actores e actrices coma Carmen Gallardo, Joaquín Galán, María Sanz, Raúl Vera, Elena Aliaga, Silvia Garzón, Lidia Mauduit, José Ángel Moreno e Javi Domínguez.

Entradas a 8 e 10 euros á venda en entradaslugo.es, na Oficina de Turismo de Lugo (Praza do Campo, 11) até tres horas antes da función e nas taquillas do Auditorio Gustavo dende hora e media antes da obra.

Terán un desconto do 20 % os desempregados, menores de 30 anos, pensionistas e asociados á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

Esta actuación forma parte da programación “Artes escénicas + XIX Mostra de Teatro Clásico”.

Ten unha duración dunha hora e corenta minutos.

Leave a comment

*