Novos eventos Allentum esta semana coa Semana da Danza de Lugo, do xoves 25 de abril ao martes 14 de maio con espectáculos de danza na rúa, concurso coreográfico e sesións de diferentes escolas. Tódolos eventos terán lugar no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Xoves 25 de abril:

-12 horas. Representación  didáctica para institutos de «Pink Unicorns» a cargo de «La Macana».

-18 horas. Obradoiro de «La Macana» para nais, pais e nenos e nenas de entre 12 e 18 anos nunha actividade de inmersión artística. Para asistir, deberán recollerse invitacións na conserxería do conservatorio de danza dende o martes 23 de abril.

-20:30 horas. «Pink Unicorns» de La Macana». Dous protagonistas: un pai e un fillo. O pai é un bailarín galego de orixe cubano e o seu fillo ten 14 anos con ilusión por confrontar as súas ideas millenials coas do seu querido pai.

Venres 26 de abril:

12:30 horas. «Olladas no tempo», representación didáctica para institutos por parte dos estudantes de danza contemporánea do conservatorio de danza un grupo de percusión e clarinete do conservatorio de música Xoán Montes presentando un espectáculo de danza con música en vivo.

20 horas. «Olladas no tempo» para público en xeral.

Sábado 27 de abril

20:30 horas. «Entre soños», espectáculo de baile e música tradicional galega, de Fran Sieira Compañía.

Luns 29 de abril
20:30 horas. «Fusión en danza», coa Escola Tradi Oxeito, Victorial Gil Danza&Escena, Escola de Baile Mercedes Castro, Escola de Danza Teresa Neri e Escola de Danza Star Dance.
Martes 30 de abril
20:00 horas. «Encontro de centros de Danza». Evento coral de celebración do Día Internacional da Danza coa actuación de varias escolas de ensino de danza clásica e contemporánea galegas.
Martes 14 de maio
19:30 horas. Concurso coreográfico coa presentación dos traballos coreográficos sobre Anne Teresa De Keersmaeker elaborados polos estudantes do Conservatorio de Danza de Lugo.

Leave a comment

*