Novos eventos Allentum con «Lugo máxico», Semana Internacional da Maxia en Lugo do domingo 5 de maio ao sábado 11 de maio de 2019.

Primeiro foi a gala inaugural do domingo 5 de maio co Mago Rafa e o seu espectáculo «Ahora».

O venres 10 de maio, «Gala Unipersoal» co Mago Teto e o seu proxecto «Alquimia» no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 20 horas. As entradas terán un prezo único de 5 euros na canle de venta entradaslugo.es

Xa o sábado 11 de maio, «Gran gala internacional» no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 21 horas coas actuacións dos magos Alberto Giorgi, G. Alexander, Edama, Ta Na Manga, Isaac Jurado e Men in Coats. As entradas terán un prezo de 10 euros na Zona A e 8 euros na Zona B na canle de venta entradaslugo.es

Ademáis, as entradas tamén poderán mercarse na Oficina de Turismo de Lugo (Praza do Campo, 11) e nas taquillas do propio auditorio dende hora e media antes de cada función.

Máis información en https://www.lugomaxico.es/

Leave a comment

*