Novo evento Allentum co concerto da artista folk Leilía o sábado 18 de maio no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 20:30 horas. Estará acompañada polas seis compoñentes do seu grupo.
Leilía presenta o seu novo espectáculo repasando toda a súa carreira profesional con guiños ás súas orixes e a súa propia evolución coma artista.
Entradas a 8 e 10 euros á venda en entradaslugo.es, na Oficina de Turismo de Lugo (Praza do Campo, 11) até tres horas antes da función e nas taquillas do Auditorio Gustavo dende dende hora e media antes da obra.
Terán un desconto do 20 % os desempregados, menores de 30 anos, pensionistas e asociados á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).