Novo evento Allentum con «A alfombra máxima», da compañía teatral Babaluva, o domingo 19 de maio no Auditorio Gustavo Freire de Lugo en dúas funcións: ás 17:30 e ás 18:30 horas.

Trátase dunha obra de teatro familiar en convenio con Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

Monicreques, música e outras sorpresas nunha viaxe polas emocións.

Dirixe Nekane Fernández e co traballo da actriz Mirari Urruzola.

Está dirixido a un público infantil de 0 a 3 anos.

Ten unha duración de 40 minutos cun aforo de 25 bebés por función e o seus respectivos acompañantes.

Entradas ao prezo de 4 euros para adultos e 2 para nenos e nenas en entradaslugo.es, Oficina de Turismo de Lugo (Praza do Campo, 11) até 3 horas antes da función e nas taquillas do propio do auditorio dende as 16 horas.

Leave a comment

*