Novo evento Allentum este sábado 25 de maio en Lugo coa función de teatro e danza «Dionisio, la vid…y mil noches» no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.

O espectáculo está dirixido por Rafael Amargo.

As entradas terán un prezo de 10 euros na Zona A e de 8 euros na Zona B e están á venda en entradaslugo.es, na Oficina de Turismo de Lugo (Praza do Campo, 11) e nas taquillas do propio auditorio dende as 19 horas.

«Dionisio é o deus grego do teatro, o viño, a éxtase e a fertilidade. De

todos os inmortais que integraban o convencional panteón helénico, é con moito o que gozou de máis longa vida; a súa presencia está xa testemuñada nos primeiros documentos escritos en lingua grega (as tabliñas micénicas de hai máis de tres mil anos) e perdura ata os nosos días na filosofía de Nietzsche (O nacemento da traxedia), a novela de Thomas Mann (Morte en Venecia), a película de Visconti (Teoreme) ou a novela de Vargas Llosa (Lituma nos Andes).

Dionisio concédenos aos humanos a felicidade suprema da bacanal que nos conduce a “poñer as almas en común”.

Dionisio chorrea sobre a terra viño e ábrelles aos humanos o seu paraíso salvaxe, a alteridade, o que está prohibido. Dáselles a todos (homes e mulleres); é o deus á vez transgresor, pero tamén a chama viva que busca a paz. É un deus errante que navega sen rumbo, xerador de danzas frenéticas, pero tamén é o perseguido, o doente ou o moribundo, e todos os que o acompañan e son rozados polo seu amor deben compartir con el o seu tráxico? sino.

Dionisio celebrou o seu último nacemento, xerando utopías que oscilan entre a sabedoría tráxica e o nihilismo narcótico, pero sempre renace con Eros en forma de luz.

Cando el guía, a terra baila.»

Leave a comment

*