Novo evento Allentum coa obra de teatro «As fillas de Eva», da compañía Nova Escena Teatro, o venres 24 de maio no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 20:30 horas.

A función contará coa música de Jaime Rodríguez con cancións compostas co gallo da obra.

A recadación será a prol da ONG Taller de Solidaridad (https://tallerdesolidaridad.org/)

As entradas teñen un prezo de 5 euros e están á venda en Taller de Solidaridad (Rúa Ramón Montenegro, 17, de Lugo) e nas taquillas do auditorio dende o mesmo venres ás 19 horas.

Colabora o Concello de Lugo.

Leave a comment

*