Novo evento Allentum coa obra de teatro familiar «Unhas gafas coma as do avó» o domingo 9 de xuño no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 18:30 horas. É un espectáculo de lingua de signos e lingua oral a cargo de Caxoto Cuentacuentos.

Dirixen Felipe Díaz (Caxoto) e Gema Santos Custodio con ámbolos dous coma elenco artístico.

Teatro familiar en convenio con Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

Entradas a 4 euros para adultos e 2 euros para nenos e nenas. Localidades á venda en entradaslugo.es, Oficina de Turismo de Lugo (Praza do Campo, 11) e nas taquillas do auditorio o mesmo domingo ás 17 horas.

Dirixido a público infantil dende 4 a 10 anos.

Obra cunha duración de 50 minutos.

Sinopse: «Laura é unha nena moi bulideira que todo o tempo anda á procura de aventuras que vivir. No xardín da súa casa xoga ao seu xogo favorito: Soñar cos ollos abertos. Desta maneira pode explorar mundos lonxanos inimaxinables construídos dende a súa atolada imaxinación. Un día sente curiosidade polas gafas do seu avó; cómo se verá a través delas? O que comeza sendo unha pequena trasnada acaba por converterse na maior de todas as aventuras. Unhas gafas coma as do avó é un espectáculo inclusivo, en lingua oral e lingua de signos. Nel as dúas linguas mestúranse creando un espazo inclusivo para persoas xordas e oíntes; a palabra falada e a palabra signada míranse de igual a igual. Trátase dunha oportunidade que terán as persoas oíntes para coñecer a «cultura xorda» e así mesmo unha oportunidade para as persoas xordas de participar dun espectáculo feito á súa medida.»

Leave a comment

*