O sábado 9 de decembro a 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Venda de entradas a través de www.entradaslugo.es e desde hora e media antes da función, no propio auditorio, cun importe de 8 € e desconto do 20 % para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociados á AAAG. 

“A Cabeza do Dragón” conta coa dramaturxia e dirección de Quico Cadaval, compartindo escenario cun elenco artístico de luxo: Iván Marcos, Yelena Molina, María Costas, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto e Marcos Orsi. Igualmente espectacular é o equipo artístico encabezado por Baltasar Patiño no deseño de escenografía e espazo lumínico e Suso Montero no deseño de vestiario, atrezo e deseño gráfico. A música é unha partitura composta ex-profeso por Javier María López para o noso espectáculo. A gravación desta BSO está dirixida polo mestre Diego García Rodríguez, comandando o T.A. C (Taller Atlántico Contemporáneo) formado por prestixiosos músicos, moitos deles profesores da Real Filharmonía de Galicia.

 

Comments are closed.