Petit Pop propoñen un concerto participativo e divertido no que o público terá que implicarse para que se vaia desenvolvendo. A única idade que importa é a da ilusión e as ganas de pasar un bo intre gozando de cancións que pola súa sonoridad e temática conectan tanto con peques como adultos.

A súa posta en escena é sinxela adaptándose a todo tipo de formatos dependendo das necesidades da actuación, nas que non utilizan disfraces nin artificios, deixando todo o protagonismo ás cancións mediante a interacción entre público e artistas.

Nestes momentos Petit Pop presentan o noso quinto traballo “Surf na bañeira” (2016) ao que avalan os seus anteriores proxectos “ Petit Pop” (2012), “Non Nos Gustan Os Luns” (2013), “Non Nos Dá Preguiza A Natureza “(2014) e “Vamos en bicicleta” (2015). Ademais, os seus catro primeiros traballos tamén foron publicados en Lingua Asturiana baixo a súa alter ego Pop Piquiñín.

Fundado en 2010, Petit Pop fórmano Mar, Lara, Cova e Pedro, membros de diversas bandas asturianas como Pauline na Praia, Nosoträsh, Undershakers, Penélope Trip ou Edwin Moses. Con tales traxectorias non é de estrañar que no momento no que empezaron a verse rodeados de peques, seguisen facendo o que lles gusta adaptándose á nova situación… aínda que con bastante menos tempo ; ) O resultado é música familiar na que o sentido do humor e as chiscadelas á vida diaria son o marco perfecto para explorar, a través do universo infantil, todas aquelas cousas que nos gustan, sorpréndennos, lévannos a facernos preguntas, asústannos… e que son, en definitiva, sentimentos e emocións interxeracionais universais. Apto para público dos 0 aos 99 anos!

Entradas: 5 € entrada xeral e desconto do 50 % no prezo da entrada para estudantes, persoas da terceira idade e menores de 12 anos. Venda anticipada en entradaslugo.es e presencial na billeteira do Auditorio Municipal Gustavo Freire unha hora e media antes da función.

Comments are closed.