Este domingo 9 de decembro hai evento Allentum: «Entremáns danza: Gaia» no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 18:30 horas.

Trátase dun espectáculo que mestura música, voz, audiovisual e pintura sobre a beleza do noso planeta e destinado a público infantil e adulto.

Entradas á venda (5 euros adultos e 2.5 os nenos e nenas) na Oficina de Turismo da Praza do Campo e no auditorio dende as 17 horas do domingo.

Leave a comment

*